Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Con data do 4 de setembro de 1998, o alcalde do Concello de Mos aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do acceso do cemiterio municipal de Mos. De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Mos, 4 de setembro de 1998.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde

8843