Con data do 15 de setembro de 1998, o alcalde do Concello de Mos aprobou inicialmente o proxecto de urbanización na Gándara-Mos. De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo dun mes mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.
Mos, 15 de setembro de 1998.
Ramón Alonso Fernández
Alcalde
9296

