Por resolución desta alcaldía nº 4527/1998, con data do 8 de setembro de 1998, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases para o desenvolvemento da UE nº 33 O Graxal, no Seixo-Liáns.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que contará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 5 de outubro de 1998.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
9297

