Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento do acordo plenario con data do 6-10-1998 e do disposto nos artigos 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de consultoría e asistencia.

1. Obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído, con cargo á partida 98/432.627.

6. Prazo de execución: 2 meses para presentar avance, 3 meses para presentar documentación para

aprobación inicial e definitiva, 1 mes para documento final, nas condicións do prego de cláusulas administrativas.

7. Período de garantía:

8. Fianza provisional: 500.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

10. Clasificación: como empresa consultora, grupo 1, subgrupo 1, categoría a), non imprescindible.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo. Tfno.: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición: «Don/Dna....., maior de idade, veciño de....., con domicilio en..... e co DNI/NIF nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... o que acredito con poder declarado bastante) tendo coñecemento do concurso aberto tramitado por ese concello para a adxudicación do contrato de asistencia e consultoría, consistente na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo.

Manifesta que tendo coñecemento e estando conforme cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexerán este, se compromete a executa-lo contrato polo prezo de..... (en letra e número) IVE incluído, nas condicións e cos méritos da memoria adxunta (cláusula 8.2)».

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 7 de outubro de 1998.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

9333