En cumprimento do acordo adaptado pola Comisión de Goberno con data do 5-10-1998, anúnciase a contratación das obras de construcción do centro sociocultural de Sada, 3ª fase, por procedemento aberto e concurso, con trámite de urxencia.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, polo procedemento aberto e trá
mite de urxencia, para adxudica-las obras de construcción do centro social cultural de Sada, 3ª fase, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: o obxecto do contrato son as obras de construcción do centro sociocultural de Sada, 3ª fase.
2. Duración do contrato: un mes.
3. Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase con cargo á partida 451.54.60109 do vixente orzamento municipal.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.
6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio do DOG, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.
7. Garantía provisional: non se esixe.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.
9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación (Art. 72.2º b) LCAP) no DOG.
10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.
11. Modelo de proposicións: é o recollido no anexo II do prego de condicións.
Sada, 7 de outubro de 1998.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde
9329

