Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación mediante concurso da obra de aforro enerxético en diversos lugares.

Duración do contrato: dez días.

Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas.

Pagamento: o 50% da certificación unha vez aprobada pola Comisión de Goberno. A cantidade restante cando sexa recibida a subvención da Consellería de Industria e Comercio.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías: provisional, 200.000 ptas. Definitiva, o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado Proposición económica para optar ó concurso da obra de aforro enerxético en diversos lugares, xuntando a oferta económica. Sobre B denominado Documentos, que conterá:

-Empresario individual. Copia do DNI; se se actúa por representación: copia do poder.

-Xustificante da fianza provisional.

-Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade.

-Melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto.

-Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos.

-Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador.

-Modelo e prezo dos materiais ofertados.

Teo, 13 de outubro de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

9338