Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión realizada o 8-10-1998, o prego de cláusulas administrativas particulares que deben rexe-la poxa pública, por procedemento restrinxido e tramitación urxente, convocada para o alleamento de bens inmobles patrimoniais, exponse ó público durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP e no DOG para que se poidan presentar reclamacións;asemade ábrese un prazo de sete días para a recepción das solicitudes de participación, aínda que a licitación se aprace no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.
Obxecto.-Venda de seis parcelas de uso industrial e comercial resultantes da ampliación do polígono industrial de Vilar de Santos, coas seguintes características:
Parcela nºSuperficie (m)
7 970
8 4.000
9 960
10 960
1110.000
12 756
Tipo de licitación.-O tipo de licitación queda fixado en oitocentas vintecinco (825) pesetas o metro cadrado, que pode ser mellorado á alza.
Fianzas.-Definitiva: 4% do importe da liciatación por parcela.
Exposición ó público.-O prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello de luns a venres das 9 ás 14 h.
Presentación de proposicións.-Durante os sete días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG e no BOP, de luns a venres das 9 ás 14 h., no rexistro xeral do concello (r/ Celenova, 77, fax 988 46 58 63). O prazo empezará a contar
desde o día de aparición deste anuncio no último dos boletíns antes mencionados.
Solicitudes de participación.-Axustaranse ó modelo que se inclúe neste anuncio e deberá conte-la seguinte documentación:
1. Fotocopia compulsada do DNI.
2. Escritura de poder declarado bastante cando se actúe por representación.
3. Fotocopia compulsada da escritura de constitución da sociedade mercantil e do NIF de se-lo caso.
4. Declaración responsable de non estar incurso en ninguna das prohibiciones para contratar enumeradas no artigo 20 da LCPA.
5. Certificacións administrativas acreditativas de estar ó día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda Pública Estatal, a Comunidade Autonóma e o Concello de Vilar de Santos, e coa Seguridade Social.
6. Fotocopia compulsada de alta no IAE e do último recibo, de se-lo caso.
7. Declaración responsable do licitador comprometéndose á instalación da industria ou comercio que se describa na solicutde e a leva a cabo as actuaciones precisas que dependan directamente do licitador para que o devandito establecemento poida abrirse ó público durante o ano 1998.
Apertura de solicitudes.-Terá lugar no seguinte día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación de solicitudes. A mesa de contratación comprobará a personalidade e demais requisitos dos solicitantes e proporá ó alcalde os seleccionados.
O alcalde enviaralles invitación ós seleccionados na que se indicará o prazo de presentación (non inferior a 13 días naturais), o día e a hora de apertura.
Proposicións económicas.-Presentaranse igualmente no rexistro xeral do concello das 9 ás 14 horas.
Modelo de solicitude.
Don/a...maior de idade, veciño/a de...con enderezo en ..., con DNI nº..., expedido en... en nome propio/en representación de...(segundo se acredita coa escritura de poder debidamente declarada bastante que xunta á documentación que presenta) sabedor da convocatoria do procedemento restrinxido para participar nunha poxa pública para o alleamento das parcelas do polígono industrial (2ª fase) do Concello de Vilar de Santos, solicita:
Participar no devandito procedemento, compromenténdose a formular proposición económica no prazo que se sinale, para a adquisición da/s parcela/s nº ... (segundo numeración establecida na cláusula 1ª do prego) para instalación da/s seguinte/s actividade/s industrial/is ou comercial/is...
Vilar de Santos,... de... de...
D/Dna.
Modelo de proposición económica:
Don/Dna... maior de idade, veciño/a de... con enderezo en... con DNI nº... expedido en... en nome propio/en representación de... (segundo se acredita coa escritura de poder debidamente declarada bastante,
que xa consta no concello) invitado a participar na poxa pública convocada por procedemento restrinxido, comprométese a adquiri-la/s parcela/s número/s nº... obxecto da poxa, polo prezo de... (en número e letra) ptas./m, para a instalación da/s actividade/s industrial/is ou comercial/is que se describe/n seguidamente, todo iso conforme o prego de cláusulas administrativas que acepto integramente:...
Vilar de Santos,... de... de...
D/Dna.
Vilar de Santos, 9 de outubro de 1998.
Xosé Antón Jardón da Cal
Alcalde
9337

