Faise público, de acordo co sinalado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, que o Pleno do Concello de Vilar de Santos, en sesión realizada o 8 de outubro de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 2 das normas subsidiarias do planeamento de ámbito municipal vixentes.
Contra o devandito acordo, que é firme na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación deste acordo, o que se lle comunicará previamente a este concello.
Vilar de Santos, 9 de outubro de 1998.
Xosé Antón Jardón da Cal
Alcalde
8779

