Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.327

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO do 14 de setembro de 1998, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, sobre a reversión dos terreos denominados Punta Frouxeira, en Valdoviño (A Coruña), con relación de propietarios expropiados.

Co fin de cumpri-lo disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, que para os efectos de notificación con carácter gratuíto recolle a Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE nº 45, do 21 de febreiro), procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

«O ministro de Defensa con data do 28 de setembro de 1989 e 4 de marzo de 1998, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos da propiedade denominada terreos en Punta Frouxeira, Valdoviño-A Coruña».

Os ditos terreos fóronlles expropiados no seu día ós propietarios que a continuación se relacionan:

Propietaria: marquesa de Cavalcanti e condesa de la Torre.

Predio: 10.418.

Superficie m: 32.100.

Propietaria: marquesa de Cavalcanti e condesa de la Torre.

Predio: 10.419.

Superficie m: 1.125.

Para iso, en cumprimento da instrucción 25/1993, do 18 de marzo, sobre a tramitación de procedemento administrativo no ámbito do Ministerio de Defensa, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentes causa que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os terreos ocupados pola propiedade militar Punta Frouxeira polo que, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigos 63 e seguintes do seu regulamento, aprobado por Decreto do 26 de abril de 1957.

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberán formula-las oportunas alegacións perante a Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, 28008 Madrid.

A Coruña, 14 de setembro de 1998.

José Estévez Mengotti

Coronel delegado do Ministerio de Defensa

9366