O Pleno do Padroado de Turismo Terras de Trives, en sesión celebrada o 8 de outubro de 1998, aproban os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, por procedemento aberto, das seguintes actuacións:
-Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca de Trives (Santa Leonor-A Pobra de Trives).
-Recuperación da muralla medieval (Manzaneda-Terras de Trives).
-Actuacións: diversificación Sky (estación invernal).
Os referidos pregos expóñense ó público polo prazo de catro días contados a partir do seguinte ó de inserción deste anuncio no BOP/DOG para que poidan presentarse reclamacións.
Asemade, anúncianse os concursos aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora.
a) Entidade adxudicadora: Padroado de Turismo das Terras de Trives.
b) Tramitación: secretaría do padroado.
c) Expedientes:
-4/1998 P.D.T. Centro de Interpretación Histórico Cultural da Comarca Terras de Trives.
-5/1998 P.D.T. Recuperación da muralla medieval.
-6/1998 P.D.T. Actuacións: Diversificación Sky.
2. Obxecto dos contratos.
a) Execución das obras e actuación:
-Centro de Interpretación Histórico-Cultural.
-Recuperación da muralla medieval.
-actuacións: Diversificación Sky.
b) Lugares de execución: Terras de Trives.
c) Prazo de execución: conforme proxectos, fixarase en contrato:
ref * 7 meses muralla medieval.
* 12 meses Centro Interpretación Histórico-Cultural.
* 3 meses diversificación Sky.
3. Tramitación, procedemento e forma.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamentos base das licitacións criterios de selección.
Prego de condicións -base 2-.
-Centro de Interpretación Histórico-Cultural: 87.600.000 ptas.
-Muralla medieval: 6.690.604 ptas.
-Diversificación Sky: 4.500.000 ptas.
5. Garantía.
Provisional: 2% do orzamento base da licitación.
Definitiva: 4% do orzamento base da licitación.
6. Obtención de documentación e información.
-Xerencia do P.D.T.
Horario: das 10 ás 14 horas, de luns a venres.
-Teléfono/fax: 988 33 10 06.
E. Mail: Ecosfera * arrakis.es.
Enderezo: Marqués de Trives, nº 64 (32780) A Pobra de Trives - Ourense.
7. Presentación das ofertas.
-Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio, sexa este no BOP ou no DOG.
-Documentación: prego de condicións.
-Lugar de presentación: rexistro do Padrodado de Turismo das Terras de Trives, das 11 ás 13.30 horas, de luns a venres.
Domicilio: praza do Reloxo, s/n. 32780 A Pobra de Trives.
-Teléfono: 988 33 00 10. Fax: 988 33 00 10.
-Prazo no que o licitador mantén a súa oferta: .....
8. Apertura de ofertas: de conformidade co sinalado no respectivo prego de condicións administrativas.
9. Gastos do anuncio: por conta do/s adxudicatario/s.
A Pobra de Trives, 8 de outubro de 1998.
Pedro Fernández Fernández
Presidente do Padrodado de Turismo Terras
de Trives
8868

