A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza no Centro Superior de Hostelería de Galicia.
A. Posto: profesor de idiomas (Ref. ING-798).
1) Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, participará na preparación das materias de inglés, incluíndo o material docente, así como na impartición de clases e na avaliación de alumnos.
2) Prazas: 1 (tempo parcial).
3) Requisitos:
-Titulación universitaria.
-Dominio oral e escrito do idioma inglés.
-Experiencia docente mínima de 6 meses.
-Estancia de 6 meses en países onde o inglés sexa idioma oficial.
4) Valorarase:
-Currículo.
-Aptitude docente.
-Coñecementos de ofimática para Windows.
-Francés.
-Capacidade de integración en equipos de traballo.
5) Probas que hai que realizar:
-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).
-Impartición dunha clase.
-Planificación docente.
-Proba práctica de Word para Windows.
-Exame oral e escrito de francés.
-Cuestionario de personalidade.
-Entrevista persoal.
B. Documentación que hai que presentar:
-Solicitude, na que se indique a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, Km 3. Apartado 578. 15896 Santiago).
-Currículo.
-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. (incluíndo certificación académica das cualificacións obtidas na titulación requirida). Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.
C. Selección:
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.
D. Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de 8 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.
Aurelio Miras Porturgal
Conselleiro-delegado de Turgalicia, S.A.

