Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.657

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1998 pola que se regulan as titulacións mínimas e as condicións que deben posuí-los profesores para impartir formación profesional específica e a área de tecnoloxía da educación secundaria obrigatoria en centros privados e en determinados centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para regula-las titulacións mínimas dos profesores dos centros privados e dos centros educativos creados por instancia das distintas administracións públicas atendendo o disposto na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e no Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o Ministerio de Educación e Cultura dictou a Orde do 11 de outubro de 1994 (BOE do 19) que establece as titulacións mínimas que deben posuí-los profesores de centros privados de educación infantil e primaria e a Orde do 24 de xullo de 1995 (BOE do 4 de agosto), pola que se regulan as titulacións mínimas que deben posuí-los profesores dos centros privados de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, ambas con carácter de normas básicas. Normas que foron completadas para a súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a Orde do 25 de novembro de 1997

(DOG do 22 de decembro) pola que se regulan os requisitos que deben posuí-los profesores de centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia para imparti-la área de lingua galega e literatura e as materias optativas da educación secundaria obrigatoria e bacharelato; determínanse os coñecementos necesarios de lingua galega dos profesores e o procedemento de habilitación para exerce-la docencia na educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Posteriormente, o Ministerio de Educación e Cultura dictou a Orde do 23 de febreiro de 1998 (BOE do 27), tamén de carácter básico, pola que se regulan as titulacións mínimas e condicións que deben posuí-los profesores para impartir formación profesional específica en centros privados e en determinados centros educativos de titularidade pública que completa os aspectos regulados polas ordes anteriormente citadas no ámbito da formación profesional específica.

Cómpre, pois, dicta-las oportunas disposicións para aplica-la dita orde e adaptala ás características propias que a formación profesional específica ten na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo isto, e en virtude do disposto na disposición derradeira primeira da Orde do 23 de febreiro de 1998,

DISPOÑO:

Primeiro.

O ámbito de aplicación da presente orde esténdese ós seguintes centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Centros de titularidade privada.

b) Centros de titularidade pública, a excepción dos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo.

1. Para poder imparti-los módulos profesionais, definidos nos decretos polos que se establecen os títulos de técnico e técnico superior, incluídos na columna B do anexo I da Orde do 23 de febreiro de 1998 (BOE do 27) nos centros incluídos no ámbito de aplicación desta orde, os interesados deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Posuí-las titulacións correspondentes contidas na columna C do citado anexo, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda desta orde en relación coas titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

b) Acreditar, co fin de facer efectivo o disposto no Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15), polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, que superaron o curso de perfeccionamento de lingua galega ou outros estudios declarados equivalentes pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As persoas que reúnan o requisito a) citados no punto anterior, poderán exerce-la docencia nos módulos profesionais correspondentes á súa titulación sen necesidade de seren habilitadas polo procedemento previsto nesta orde.

3. As persoas que non teñan o requisito b) e se incorporen a un posto de traballo nos centros incluídos no ámbito de aplicación desta orde disporán de dous anos, desde a data da súa incorporación, para acreditaren a formación necesaria en lingua galega.

Terceiro.

Os profesores que impartan formación profesional específica, ademais dos requisitos establecidos no punto segundo desta orde, deberán estar en posesión do título profesional de especialización didáctica ou equivalente nos termos establecidos no Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro (BOE do 9 de novembro), coas excepcións e equivalencias previstas nel e no punto cuarto da Orde do 23 de febreiro de 1998.

Cuarto.

1. Os profesores dos centros incluídos no ámbito de aplicación desta orde, ós que se refire o punto quinto da Orde do 23 de febreiro de 1998, e que reúnan os requisitos previstos no dito punto poderán ser habilitados, logo de solicitude, para imparti-los módulos profesionais, definidos nos decretos polos que se establecen os títulos de técnico e técnico superior.

2. A solicitude de habilitación farase de acordo co procedemento establecido no punto noveno da Orde do 25 de novembro de 1997, mediante instancia axustada ó modelo recollido no anexo I desta orde.

3. Os certificados de habilitación expedidos polos delegados provinciais axustaranse ó modelo do anexo II desta orde.

4. Os prazos de presentación de instancias e calendario do proceso serán, con carácter xeral, os establecidos no punto décimo da Orde do 25 de novembro de 1997, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria terceira desta orde.

Quinto.

Os módulos profesionais de proxecto integrado, que forman parte de determinados currículos de ciclos formativos da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán ser impartidos:

a) Sen necesidade de habilitación, polos licenciados, enxeñeiros, arquitectos ou os que posúan un título de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico declarados expresamente equivalentes para efectos de docencia, en función das titulacións específicas recollidas na columna C do dito anexo.

b) Logo de habilitación e tendo en conta as correspondencias coas familias profesionais establecidas no anexo I da Orde do 23 de febreiro de 1998, polos profesores de tecnoloxías, ós que se refire o punto quinto.1 da Orde do 23 de febreiro de 1998, que reúnan os requisitos previstos no dito punto, en función das materias que están a impartir, ou impartiran con anterioridade, recollidas na columna A do dito anexo.

Sexto.

1. Os profesores dos centros incluídos no ámbito de aplicación desta orde, ós que se refire o punto quinto da Orde do 23 de febreiro de 1998, que non reúnan o requisito de titulación establecido no anexo I da Orde do 24 de xullo de 1995, poderán ser autorizados, logo de solicitude segundo o anexo III desta orde, para imparti-la área de tecnoloxía da educación secundaria obrigatoria, sempre que:

a) Posúan a titulación requirida no seu momento para imparti-las materias de tecnoloxía ou prácticas das seguintes ramas de formación profesional: automoción, electricidade e electrónica, marítimo pesqueira e metal

b) Acrediten dous cursos completos de docencia nalgunha das materias citadas no parágrafo anterior.

2. Estes profesores soamente poderán imparti-la tecnoloxía da educación secundaria obrigatoria no centro no que se atopen exercendo á entrada en vigor da presente orde.

3. As autorizacións, expedidas polos delegados provinciais, axustaranse ó modelo do anexo IV desta orde.

Sétimo.

1. Os profesores especialistas, ós que se refire o punto oitavo da Orde do 23 de febreiro de 1998, serán habilitados, á vista do informe da inspección, polo delegado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co procedemento que se establece a continuación.

2. O director do centro que pretenda contratar un especialista para imparti-los módulos profesionais especificados no anexo V da Orde do 23 de febreiro de 1998 deberá dirixi-la solicitude ó Servicio Provincial de Inspección Educativa. A dita solicitude irá

acompañada da documentación acreditativa da súa experiencia laboral á que se refire o punto oitavo da Orde do 23 de febreiro de 1998. Na solicitude deberá figura-lo nome do módulo profesional que se vai impartir, o número de horas de duración e a data da súa iniciación. Farase unha solicitude por cada módulo profesional. As solicitudes presentaranse como mínimo con tres meses de antelación ó inicio do correspondente módulo.

3. Será requisito indispensable para ser autorizado, ademais dos establecidos no citado punto oitavo da Orde do 23 de febreiro de 1998, estar desenvolvendo a súa actividade laboral no momento da solicitude nun posto de traballo relacionado co módulo que se vai impartir. Para estes efectos considerarase tamén que o interesado está desenvolvendo a actividade laboral cando se atope na situación de cobramento de prestacións por desemprego.

4. Á vista da documentación presentada o inspector responsable do centro, no prazo de quince días, proporalle ó delegado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que expida a autorización ó interesado ou comunicaralle o centro, segundo o caso, a necesidade ben de completa-la documentación presentada ben de propor outro especialista, se a autorización do proposto non é viable.

5. O delegado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de se-lo caso, fará a correspondente autorización de acordo co modelo do anexo VI desta orde. A validez da autorización será unicamente para o tempo que dure o módulo profesional concreto que se solicite.

Oitavo.

1. Os profesores dos centros incluídos no ámbito de aplicación desta orde, que, de acordo co disposto no punto noveno da Orde do 23 de febreiro de 1998, desexen ser autorizados para impartir algún dos módulos profesionais atribuídos a profesores especialistas, deberán acreditar un mínimo de dous anos de experiencia laboral nun posto de traballo relacionado co módulo que se vai impartir.

2. A solicitude de autorización farase de acordo co procedemento establecido con carácter xeral para as habilitacións no punto noveno da Orde do 25 de novembro de 1997, mediante instancia axustada ó modelo recollido no anexo VII desta orde.

3. Os profesores interesados poderán presentar, se é o caso, a solicitude de autorización a que fai referencia o parágrafo anterior xuntamente coa solicitude de habilitación agregándolle á documentación os documentos acreditativos da súa experiencia laboral ós que se refire o punto oitavo da Orde do 23 de febreiro de 1998. Se o profesor xa estivese habilitado con anterioridade deberá achegar, xunto coa solicitude de autorización e os documentos acreditativos da súa experiencia laboral, copia compulsada do certificado de habilitación. Os profesores que non precisen, pola súa titulación, o certificado de habilitación deberán achegar, xunto coa solicitude de autorización e os citados documentos, certificado de exercer como profesores, expedido polo centro e visado pola inspección educativa e fotocopia compulsada do título académico

4. Os certificados de autorización expedidos polos delegados provinciais axustaranse ó modelo do anexo VIII desta orde.

5. Os prazos de presentación das solicitudes e calendario do proceso serán, con carácter xeral, os establecidos no punto décimo da Orde do 25 de novembro de 1997, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria terceira desta orde.

Noveno.

1. En aplicación do establecido na disposición adicional cuarta da Orde do 23 de febreiro de 1998, os profesores de formación profesional de primeiro ou segundo grao que impartiran durante dous anos consecutivos, con anterioridade á entrada en vigor desta orde, a materia de técnicas de expresión gráfica nalgunha das ramas de formación profesional recollidas na primeira columna do anexo IX desta orde e que teñan a titulación de enxeñeiro, arquitecto, licenciado da mariña civil, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou diplomado da mariña civil en calquera das súas modalidades e especialidades poderán ser habilitados, logo de solicitude para da-los módulos profesionais que na segunda columna do dito anexo se lles atribúen.

2. A solicitude, prazos, proceso e certificados de habilitación serán idénticos ós establecidos con carácter xeral no punto cuarto desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-A esixencia do título profesional previsto no punto terceiro desta orde non afectará o profesorado que xa estivese prestando servicios en centros privados autorizados en relación coas prazas que viñan ocupando, de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro, regulador do título profesional de especialización didáctica. Non obstante, as vacantes que se produzan a partir da entrada en vigor do dito real decreto serán ocupadas por profesorado que cumpra as esixencias de especialización didáctica que nel se establecen.

Segunda.-Para efectos do establecido no punto terceiro desta orde, a experiencia docente será recoñecida como equivalente ó título profesional de especialización didáctica, sempre que fose desenvolvida durante dous cursos académicos completos ininterrompidamente nos termos establecidos na disposición transitoria cuarta.1 do Real decreto 1692/1995, do 20 de outubro (BOE do 9 de novembro). A dita experiencia será acumulativa nos distintos centros públicos e privados autorizados. En todo caso, o certificado de aptitude pedagóxica (CAP) expedido polos Institutos de Ciencias de Educación será equivalente ó título de especialización didáctica regulado polo real decreto citado.

Disposicións transitorias

Primeira.

1. Os profesores que, á entrada en vigor da presente orde, estean desempeñando postos de traballo nos cen

tros comprendidos dentro do ámbito desta orde e non teñan superados os cursos de formación previstos na alínea b) do seu punto segundo.1, disporán ata o 31 de agosto do ano 2001 para a súa realización.

2. A partir da entrada en vigor da presente orde, os profesores que, non reunindo os requisitos de formación previstos na alínea b) do seu punto segundo.1, se incorporen a un posto de traballo en centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia, disporán de dous anos, desde a súa incorporación, para acreditaren a formación necesaria en lingua galega.

3. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para facer efectivo o establecido nos dous parágrafos anteriores, convocará os cursos de formación que considere necesarios.

Segunda.

En aplicación do establecido na disposición adicional quinta da Orde do 23 de febreiro de 1998 e consonte o disposto na disposición transitoria segunda do Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, as equivalencias para efectos de docencia recollidas no anexo III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño (BOE do 30), polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo, serán de aplicación para os efectos previstos na alínea a) do punto segundo.1 desta orde ata o remate do curso 2001-2002, no que finalizará a impartición da formación profesional de segundo grao, sempre que se acrediten dous anos de experiencia docente.

Terceira.

Sen prexuízo do establecido no punto terceiro desta orde, establécese con carácter excepcional e único un primeiro proceso de habilitación de acordo co seguinte calendario:

a) Presentación de solicitudes: mes de novembro de 1998.

b) Constitución da comisión: do 23 ó 27 de novembro ámbolos dous incluidos.

c) Publicación de listaxes provisionais de habilitación: 2 de marzo de 1999.

d) Resolución definitiva: 8 de abril de 1999.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO IX

ATRIBUCIÓN DOCENTE DE MÓDULOS PROFESIONAIS DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL A PROFESORES DE TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICA DAS RAMAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL QUE SE CITAN

Rama (LXE 1970)Familia profesional (LOXSE 1990)

Módulos profesionais

Ciclo formativo

Construcción e obrasEdificación e obra civil.

Plans de urbanismo.

Replanteos de obra.

Ordenación urbana.

Trazados viarios e abastecementos.

Desenvolvemento e proxectos urbanísticos e operacións topográficas.

Plans de urbanismo.

Replanteos de obra.

Realizacións e plans de obra.

Paneis prefabricados.

Pinturas e vernices.

Revestimentos en láminas.

Chans e azulexos.

Revestimentos continuos conglomerados.

Acabados de construcción.

Conduccións lineais sen presión.

Obras de fábrica.

Cubertas e impermeabilizacións.

Revestimentos continuos conglomerados.

Obras de albanelería.

Formigón.

Armaduras.

Conduccións lineais sen presión.

Encofrados e esteos.

Prefabricados estructurais.

Obras de formigón.

MetalFabricación mecánica.

Procedementos de mecanizado.

Control das características do producto mecanizado.

Mecanizado.

Definición de procesos de mecanizado, conformado e montaxe.

Programación da producción en fabricación mecánica.

Control de calidade en fabricación mecánica.

Materiais empregados en fabricación mecánica.

Producción por mecanizado.

Desenvolvemento de productos mecánicos.

Matrices, moldes e útiles.

Automatización da fabricación.

Xestión de calidade no deseño.

Proxectos de fabricación mecánica.

Materiais empregados en fabricación mecánica.

Desenvolvemento de proxectos mecánicos.

Solucións constructivas en construcción metálicas.

Desenvolvemento de proxectos en construcción metálicas.

Definición de procesos en construcción metálicas.

Xestión de calidade en construcción metálicas.

Materiais e metalurxia da soldadura.

Construccións metálicas.

Desenvolvementos xeométricos en construccións metálicas.

Calidade en construccións metálicas.

Soldadura e caldeirería.

MadeiraMadeira e moble.

Definición de solucións en carpintería e moble a medida.

Materiais e productos na industria da madeira.

Fabricación a medida e instalación de carpintería.

Materiais e productos en industrias da madeira.

Fabricación industrial de carpintería e moble.

Materiais e productos en industrias da madeira.

Transformación de madeira e cortiza.

Procesos industriais da madeira.

Xestión de calidade en industrias da madeira e o moble.

Desenvolvemento de producto en carpintería e moble.

Proxectos de instalación de carpintería e moble.

Xestión de compras en industrias da madeira e moble.

Desenvolvemento de productos de carpintería e moble.

Procesos industriais da madeira.

Xestión e control da producción en industrias da madeira e moble.

Transformación da madeira e cortiza.

Xestión de calidade en industrias da madeira e o moble.

Organización da producción en industrias da madeira e o moble.

Producción de madeira e moble.

9723