Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de outubro de 1998 pola que se establecen os cadros de persoal dos institutos de educación secundaria e dos centros públicos integrados que corresponde prover por funcionarios dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Por Orde do 1 de outubro de 1998 (DOG do 9) regúlase o proceso de adscrición dos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional afectados pola implantación da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional específica.

Para levar a cabo este proceso de adscrición é preciso aproba-los cadros de persoal dos institutos de educación secundaria e centros públicos integrados.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Facer público no anexo I desta orde os postos de traballo docentes dos institutos de educación secundaria e dos centros públicos integrados que corresponde prover por funcionarios dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Segundo.-Facer público no anexo II desta orde as claves para a interpretación dos cadros de persoal.

Terceiro.-Para o proceso de adscrición ofértanse todalas prazas publicadas no anexo I. A provisión das vacantes resultantes do proceso de adscrición efectuarase gradualmente, en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 26 de outubro 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO II

PS: profesorado de ensino secundario.

001 filosofía

002 grego

003 latín

004 lingua castelá e literatura

005 xeografía e historia

006 matemáticas

007 física e química

008 bioloxía e xeoloxía

009 debuxo

010 francés

011 inglés

012 alemán

016 música

017 educación física

018 psicoloxía e pedagoxía

019 tecnoloxía

053 lingua e literatura galega

061 economía

101 administración de empresas

102 análises e química industrial

103 asesoría e procesos de imaxe persoal

104 construccións civís e edificación

105 formación e orientación laboral

106 hostalería e turismo

107 informática

108 intervención sociocomunitaria

109 navegación e instalacións marítimas

110 organización e xestión comercial

111 organización e procesos de mantemento de vehículos

112 organización e proxectos de fabricación mecánica

113 organización e proxecto de sistemas enerxéticos

115 procesos de producción agraria

116 procesos na industria alimentaria

117 procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

118 procesos sanitarios

119 procesos e medios de comunicación

120 procesos e productos de téxtil, confección e pel

122 procesos e productos en artes gráficas

123 procesos e productos en madeira e moble

124 sistemas electrónicos

125 sistemas electrotécnicos e automáticos

501 relixión

803 cultura clásica

PT: profesores técnicos de formación profesional.

201 cociña e pastelería

202 equipos electrónicos

203 estética

204 fabricación e instalación de carpintería e moble

205 instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

206 instalacións electrotécnicas

208 laboratorio

209 mantemento de vehículos

210 máquinas, servicios e producción

211 mecanizado e mantemento de máquinas

212 oficina de proxectos de construcción

213 oficina de proxectos de fabricación mecánica

214 operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios

215 operacións de proceso

216 operacións e equipos de producción agraria

217 patronaxe e confección

218 perruquería

219 procedmentos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

220 procedementos sanitarios e asistenciais

221 procesos comerciais

222 procesos de xestión administrativa

223 producción en artes gráficas

225 servicios á comunidade

226 servicios de restauración

227 sistemas e aplicacións informáticas

228 soldadura

229 técnicas e procedementos de imaxe e son

9351