Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.714

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 18 de setembro de 1998 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

-Ramón de la Sagra: 750 ptas.

-El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II: 5.000 ptas.

-Galicia, Espacio e Imaxe: 900 ptas.

-Carlos Franco. Óleos e Debuxos 1990-1997: 1.500 ptas.

-Elisa Abalo: 800 ptas.

-Semánticas do vídeo (edición en galego): 500 ptas.

-Semánticas do vídeo (edición en castelán): 500 ptas.

-A Cura en Troia: 1.000 ptas.

-Macbett: 1.000 ptas.

-A Ópera de a Patacón: 1.000 ptas.

-Comunicación e Sociedade: No Umbral do Novo Milenio: 1.500 ptas.

-Audiovisual galego. Empresa e recursos. 1998: 750 ptas.

-Fernando Villapol: 800 ptas.

-Arquitecto Antonio Palacios: 2.000 ptas.

-Álvaro de la Vega: 1.500 ptas.

-Memoria e Vangarda 8. Pintores de Galicia: 1.500 ptas.

-Manuel Gandullo: 800 ptas.

-Nicomedes Pastor Díaz: 500 ptas.

-Diego de Muros III: 500 ptas.

-Antolín Faraldo: 500 ptas.

-A Cidade e as Xentes III. 1960-1969. Fondo Vega no Arquivo Histórico Provincial de Lugo: 1.500 ptas.

-Huellas Jacobeas: 3.000 ptas.

-Carlos Alcolea: 3.000 ptas.

9408