Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.717

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 97/053 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 97/053, convocada por resolución rectoral con data do 26 de novembro de 1997 (BOE do 17 de decembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 8 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Praza nº: 97/053.

Comisión titular:

Presidente: Castellano Ríos, Jose Mª, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Salinas Valencia, Máximo, catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Domínguez Machuca, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Aguilo Lluna, Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Baleares.

Pardo Clemente, Ezequiel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Doldán Tie, Félix Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Pérez García, Pilar, catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Vocais:

Costa Reparaz, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Casasus Estelles, Trinidad, catedrática de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi general).

Badía Batlle, María Carmen, catedrática de escola universitaria. Universidade de Barcelona.

9323