Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.718

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a Manuel José Fernández Iglesias (praza 109/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de Manuel José Fernández Iglesias, con documento nacional de identidade número 36.073.249, e cum

prindo o interesado os requisitos do punto 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel José Fernández Iglesias, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 6 de outubro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

9332