O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias
nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: adquisición de productos cárnicos, aceites, derivados e legumes.
Orzamento: 35.526.000 ptas.
Garantía provisional: 710.520 ptas.
Lote 1: xamón fresco, lacón fresco, cinta lombo, etc.
Orzamento: 3.112.000 ptas.
Garantía provisional: 62.240 ptas.
Lote 2: vitela folladura, vitela chicho, etc.
Orzamento: 8.162.500 ptas.
Garantía provisional: 163.250 ptas.
Lote 3: vitela corte redondo, lonxa, boliche, etc.
Orzamento: 8.008.000 ptas.
Garantía provisional: 160.160 ptas.
Lote 4: chourizo para potaxe, xamón cocido, curado, etc.
Orzamento: 3.470.000 ptas.
Garantía provisional: 69.400 ptas.
Lote 5: polo limpo, peituga de polo, etc.
Orzamento: 4.676.000 ptas.
Garantía provisional: 93.520 ptas.
Lote 6: ovos de 70 a 80 gr.
Orzamento: 400.000 ptas.
Garantía provisional: 8.000 ptas.
Lote 7: coello, pezas de 1 a 1,2 kg.
Orzamento: 390.000 ptas.
Garantía provisional: 7.800 ptas.
Lote 8: ovo líquido.
Orzamento: 1.912.500 ptas.
Garantía provisional: 38.250 ptas.
Lote 9: aceite de xirasol e de oliva.
Orzamento: 3.375.000 ptas.
Garantía provisional: 67.500 ptas.
Lote 10: margarina.
Orzamento: 927.500 ptas.
Garantía provisional: 18.550 ptas
Lote 11: garavanzos, fabas, etc.
Orzamento: 557.500 ptas.
Garantía provisional: 11.150 ptas.
Lote 12: arroz gran.
Orzamento: 535.000 ptas.
Garantía provisional: 10.700 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada.
Prazo de entrega: segundo calendario de entregas (anexo II).
Admisión de variantes: admítese a presencia de ata unha variante.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 50%.
Calidade do producto: 35%.
Prestacións da subministración: 15%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán acehega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 28 de outubro de 1998.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
10025

