Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se anuncia o concurso público 6/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dun canón de vídeo e 20 estacións de traballo para a Escola Universitaria Politécnica de Ferrol. (Expediente 1031/1998. Dous lotes).

Convócase o concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun canón de vídeo e 20 estacións de traballo para a Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Mestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

Lote 1: un millón trescentas mil pesetas (1.300.000).

Lote 2: cinco millóns novecentas mil pesetas (5.900.000).

Garantía provisional:

Lote 1: vinteseis mil pesetas (26.000).

Lote 2: cento dezaoito mil pesetas (118.000).

A Coruña, 28 de setembro de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

10026