Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998 pola que se anuncia o concurso público 6/1998, por procedemento aberto, da obra de reforma do edificio O Fortín de Oza para laboratorios do Instituto de Ciencias da Saúde. (Expediente 3036/1998).

Convócase o concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, da obra de reforma do edificio O Fortín de Oza para laboratorios do Instituto de Ciencias da Saúde.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Mestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

Trinta e sete millóns de pesetas (37.000.000).

Garantía provisional:

Setecentas corenta mil pesetas (740.000).

Clasificación: grupo C, categoría d.

Licencia de obras municipal para pagar polo adxudicatario á Universidade da Coruña: un millón cento vintetrés mil oitocentas dezasete pesetas (1.123.817).

Prazo de execución: 4 meses.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

10031