Convócase o concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, das obras da rede de voz e datos en varios centros nos campus de Elviña, Esteiro e Oza.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Mestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación:
Trinta e nove millóns cincocentas vintetrés mil oitocentas vintecinco pesetas (39.523.825)
Garantía provisional:
Setecentas noventa mil catrocentas setenta e seis pesetas (790.476).
Clasificación: grupo I, subgrupos 7 e 8, categoría e.
Prazo de execución: un mes e medio.
A Coruña, 28 de outubro de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
10029

