Convócase o concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para o servicio de limpeza da Facultade de Socioloxía.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servicios por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Mestranza s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Mestranza s/n, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación:
Trece millóns de pesetas (13.000.000).
Garantía provisional:
Duascentas sesenta mil pesetas (260.000).
A Coruña, 29 de outubro de 1998.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
9991

