De conformidade co que acordou a Corporación Municipal, na sesión do día da data convócase concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, para a contración dos traballos de redacción da revisión do Plan Xeral de Barbadás. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG (agás sábados), no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, na Casa do Concello. A documentación
que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no prego de condicións administrativas (que se publicará integramente no BOP de Ourense), e que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, así como o prego de condicións técnicas, no rexistro do concello, Cimadevila (Barbadás), ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.
Barbadás, 29 de novembro de 1998.
O alcalde
Rubricado
9536

