O Concello Pleno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso de reforma e restauración do mercado de abastos 3ª fase, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón, xunto con este edicto, polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:
Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello,1º. Teléfono (986) 78 70 60. Fax (986) 78 20 42.
Obxecto: reforma e restauración do mercado de abastos, 3ª fase.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemnto aberto, tramitación urxente.
Garantía provisional: 2% do orzamento.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 1 ó 9 e categoría C.
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, en horas das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se fose festivo, rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.
Lalín, 29 de outubro de 1998.
José Crespo Iglesias
Alcalde
10023

