Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso de prestación de servicos no complexo das piscinas municipais, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón, xunto con este edicto, polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello,1º. Teléfono (986) 78 70 60. Fax (986) 78 20 42.

Obxecto: xestión dos servicios no complexo das psicinas municipais.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, en horas das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se fose festivo, rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 29 de outubro de 1998.

José Crespo Iglesias

Alcalde

9542