En cumprimento co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para o coñece
mento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia na que se tramita o expediente: negociado de vías.
c) Número de expediente: ref. 1.147.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de obra.
b) Descrición do obxecto: urbanización da zona interior do SU-29, zona nº 3 (fase nº 1) no Camiño Caneiro.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 16 de maio de 1998 e Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base da licitación:
Importe total: 18.686.351 ptas.
5. Adxudicación:
Data: 10 de setembro de 1998.
b) Contratista: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 16.600.954 ptas.
Ourense, 16 de setembro de 1998.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde
9543

