Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a contratación do proxecto e execución das obras de secado térmico de lodos na EDAR de Reza.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: 863/1998.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto e execución das obras de secado térmico de lodos na EDAR de Reza.

2.1. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 250.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 5.000.000 de ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 10.000.000 de ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan a seguinte clasificación:

Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia ou BOE de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 21 de setembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

9990