1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.
a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: a selección dun proxecto básico e de execución para a reforma do mercado de abastos de Pontevedra e a súa execución, así como a execución das obras de construcción do mercado provisional con traslado de tódalas instalacións actuais.
b) Prazo de execución: dez meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento da licitación: 531.000.000 de ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.
5. Clasificación empresarial:
Grupo C, subgrupo 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9; categoría f.
6. Garantías:
a) Provisional: 10.620.000 ptas.
b) Definitiva: 21.240.000 ptas.
7. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentos e información: trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.
c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 12 horas na sala de xuntas.
10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:
1. Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.
2. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.
3. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.
4. Os gastos de dirección técnica das obras.
5. Os de redacción do proxecto de execución de reforma do mercado, así como tódolos orixinados polas probas ordenadas pola inspección municipal das obras.
11. Criterios de selección:
1. Reducción do prazo de execución: ata 35%.
2. Solucións técnicas do proxecto de reforma do mercado: ata 25%.
3. Calidade dos materiais ofertados: ata 25%.
4. Reducción do prezo: ata 15%.
Pontevedra, 27 de outubro de 1998.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
9969

