Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía, do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Cacheiras, tramitado por instancia de Ramón Souto Caneda e José Esturao García, en representación de Uneda 2000, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 13.880,20 m, e estrema:

Norte: Juan, Eulogio, Francisco e Ignacio Vázquez Mato.

Sur: Pedro Carneiro e Manuela Viño.

Leste: estrada C-541 A Estrada-Santiago de Compostela.

Oeste: regato.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 30 de outubro de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

9979