O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de agosto de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para unha parcela sita na rúa Torrecedeira, 65-67, conforme a documentación obxecto da súa aprobación inicial, así como escrito con data de entrada no rexistro xeral do 9 de xullo de 1998, no que a entidade Lanzamar Vigo, S.L., comunica que se subroga en tódolos dereitos e obrigas concernentes a este estudio de detalle.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados
directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 17 de setembro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo
10012

