O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do día vintetrés de outubro do ano actual, adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana, na zona de protección de vías e zonas verdes futuras, redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez (Arteplan, S.A.) que ten por obxecto completa-la normativa do PXOU no referente ás zonas clasificadas de protección de vías e zonas verdes futuras, áreas do territorio que carecen neste momento de calquera criterio ou norma urbanística, que ten a seguinte parte dispositiva:
«1. Aprobar inicialmente e coas condicións que se dirán a continuación deste parágrafo a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana, na zona de protección de vías e zonas verdes futuras, promovida por este concello, e redactada polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez (Arteplan, S.A.).
Condicións:
-Antes da aprobación definitiva desta modificación será necesario obter informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia de conformidade co disposto no artigo 51 da Lei 1/1997.
-Na tramitación do expediente deberán pedirse os informes sectoriais preceptivos, entre eles, en materia de estradas e augas.
-Tamén antes da aprobación definitiva deberá solicitarse o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en cumprimento do disposto no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG, BOP e nun dos diarios de maior circulación na provincia.
3. Suspende-lo procedemento do outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual (zonas de protección de vías e de zonas verdes futuras reflectidas no plano nº 13)».
Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o punto 2º, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame, e, se é o caso, presentación de alegacións.
O Porriño, 26 de outubro de 1998.
O alcalde
Rubricado
10014

