1. A Secretaría do Concello do Porriño tramita o expediente III/7/98.
2. O contrato ten por obxecto a xestión do servicio da gardería municipal infantil de Torneiros-Ribeira, deste termo.
O prazo da concesión será de cinco anos.
3. A tramitación é ordinaria, o procedemento aberto e a forma concurso.
4. As tarifas que deberá percibi-lo concesionario dos usuarios son as fixadas no prego de cláusulas particulares (cláusula V e VIII), e o canon, se procede, será fixado polo concesionario na súa oferta.
5. Garantía provisional: 50.000 pesetas.
6. Documentación e información: poderase obter na Secretaría do Concello do Porriño, r/ A. Palacios, 1-O Porriño, C.P. 36400. Tlef. 986 33 13 01 e 986 33 05 79; fax 986 33 58 50. A data límite para a obtención daqueles, será a de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas.
8. Presentación de ofertas: na Secretaría do Concello do Porriño (de 9 a 14 horas), durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
A proposición presentarase en sobre pechado na que figurará a inscrición «Proposición para formar parte no concurso convocado para contratar en réxime de concesión e xestión do servicio da gardería infantil municipal en Torneiros», conterá dous sobres:
No sobre «A», os documentos citados nos distintos puntos da cláusula XVIII do prego citado.
No sobre «B» oferta económica e modificacións ou obxectos do contrato e conterá:
a) Modelos de proposición:
D/Dª..., con domicilio en... e DNI nº..., expedido en... con data... en nome propio (ou representación de... como acredito por...), informado/a da convocatoria do concurso para xestión da gardería infantil anunciada no boletín (e no diario) oficial da provincia (de Galicia) nº... de data... tomo parte nela comprometéndome a xestiona-lo servicio da gardería infantil municipal, de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas cos criterios, melloras e solucións que expoño a continuación, declarando non estar en supostos de incapacidade ou incompatibilidade.
..., ... de... de 1998.
(Sinatura)
Xuntarase ós documentos das alíneas b); c) e d), da cláusula XVIII.
9. Apertura de ofertas: terá lugar no salón de actos do concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación. Se coincidise en sábado, a apertura tería lugar o día seguinte hábil.
10. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
O Porriño, 27 de outubro de 1998.
José Manuel Barros González
Alcalde
10013

