Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO para licitación de asistencia técnica.

1. O Concello do Porriño tramita o expediente nº III-16/98 para contratación dunha asistencia técnica.

2. O contrato ten por obxecto a prestación polo adxudicatario de servicios de colaboración coa xestión recadadora municipal.

O prazo de execución será de dous anos, prorrogables anualmente ata un máximo de seis.

3. A tramitación é urxente, o procedemento aberto e a forma concurso.

4. O orzamento e a retribución económica do contratista vén fixado no punto 3 do prego de cláusulas administrativas particulares e especialmente na cláusula novena do prego de prescricións técnicas.

5. A garantía provisional que terán que presta-los licitadores será de catrocentas mil pesetas.

6. A información e documentación poderá obterse na Intervención do Concello, rúa A. Palacios nº 1, O Porriño, C.P. 36400. Teléfonos 986 33 13 01 e 986 33 13 79. Fax 986 33 58 50, ata a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os esixidos nos pregos de cláusulas e prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas: formularanse por escrito no rexistro xeral do concello no enderezo sinalado no punto 6, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante tamén poderán presentarse na forma prevista na Lei 30/1992 como se indica no prego de cláusulas.

A proposición constará de dous sobres distintos que se identificarán segundo o seguinte literal:

Sobre A: proposición para a contratación de prestación de servicios de colaboración coa xestión recadatoria do Concello do Porriño polo sistema de procedemento aberto por concurso. Documentación.

Sobre B: proposición para a contratación de prestación de servicios de colaboración coa xestión recadatoria polo Concello do Porriño, polo sistema de procedemento aberto por concurso. Oferta.

O sobre A conterá a documentación que se describe no punto 5 do prego de cláusulas.

O sobre B presentarase debidamente pechado e lacrado, contendo a seguinte documentación:

* Proposición económica do ofertante, mediante o modelo que figura como anexo deste anuncio.

* Proxecto de execución dos traballos de recadación de acordo co disposto no prego de condicións técnicas e nos criterios de valoración.

* A documentación acreditativa dos méritos do ofertante, segundo o recollido no punto correspondente a criterios de valoración.

9. Apertura das ofertas: terá lugar no salón de actos do concello e para este efecto a mesa de contratación constituirase o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións ou o primeiro día hábil seguinte a este de coincidir aquel en sábado ou festivo.

Primeiramente, en acto non público, a mesa cualificará os documentos presentados en tempo e forma polos solicitantes e incluídos no sobre A das respectivas proposicións. Posteriormente, ás trece horas do mesmo día, a mesa procederá en acto público á apertura dos sobres B das respectivas ofertas.

ANEXO I

Modelo de proposición

Don/a... con domicilio en... municipio..., C.P.... e DNI nº... expedido en... con data do... en nome propio (ou en representación de... como acredito por... ) informado/a do expediente de contratación urxente por concurso aberto de asistencia técnica para a prestación do servicio de colaboración coa xestión recadatoria municipal, tomo parte nel comprometéndome a realizalo de acordo co disposto na cláusula novena do prego de prescricións técnicas pola retribución económica seguinte:...

Xunto os documentos esixidos no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares para incluír no sobre B relativos a proxecto de execución dos traballos... e nos que acrediten os méritos do ofertante...

..., ... de.. de 1998.

O/A licitador/a

10. O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

O Porriño, 28 de outubro de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

9988