Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: asitencia á deputación para a realización de servicios de mantemento e conservación da explotación agrícola no Pazo de Mariñán.

Orzamento: 4.949.581.

Garantía provisional: de conformidade cos artigos 36.2º e 204 da Lei 13/1995, os licitadores quedan dispensados da prestación da garantía provisional.

Prazo de execución: 12 meses a partir da data da formalización do contrato en documento administrativo.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de outubro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

10015