Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 06 de novembro de 1998 Páx. 11.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN das obras do plan de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Relación de obras:

1. Barbadás. Construcción de campo de fútbol nos Carrís. Proxecto técnico do enxeñeiro Outomuro Nieves, con orzamento de contrata de 60.000.000 de pesetas e prazo de execución de 5 meses, para exe

cutar en 1998 e 1999. Clasificación esixida: A.2.d; C.2.d; E.1.c.

2. Ramirás. Ampliación do polideportivo, bancadas e vestiarios. Proxecto técnico da arquitecta Elvira Carregado Pazos, con orzamento total de contrata de 38.000.000 de pesetas e prazo de execución de 3 meses, para executar en 1998 e 1999. Clasificación esixida: C.3.c.

Ourense, 31 de novembro de 1998.

O presidente

Rubricado

10016