No BOP de Pontevedra número 193, correspondente ó día 6 de outubro de 1998, martes, aparecen publicadas integramente as bases para prover, polo sistema de concurso-oposición, vacantes para ocupar postos de catro prazas de operarios de servicios múltiples e que foron aprobadas polo Concello en Pleno, en sesión do día 28 de agosto de 1998.
Poderán tomar parte nela os interesados que reúnan os requisitos que figuran nas bases.
O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.
O que se publica para os efectos do artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 2 de xuño.
Lalín, 15 de outubro de 1998.
José Crespo Iglesias
Alcalde
10141

