O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 14 de outubro de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para completa-la subministración do equipamento informático de postos de traballo no novo Centro de Servicios Municipais, por este anúnciase a licitación conforme as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: completa-lo equipamento informático dos postos de traballo no novo Centro de Servicios Municipais, co seguinte detalle:
70 ordenadores persoais con configuración mínima:
Procesador 266 Mhz.
32 MB de memoria RAM.
3 GB en disco.
Tarxeta de rede Ethernet PCI RJ45.
Windows 98 instalado configurado como punto de rede.
Monitor 14'' en 65 deles e de 17'' en 5.
Teclado, rato e alfombriña.
Disqueteira 3,5'' 1,44 Mb.
CD-ROM en 35 deles.
Licencia de tratamento de textos Word.
(Actualización desde Word Perfect instalada nos equipos).
d) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega, incluída a instalación e comprobación dos equipos, será de dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 16.000.000 de pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 320.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e C.P.: Lugo, 27001.
d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.
e) Telefax: 982 29 71 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula cuarta do prego de condicións técnicas e económico-administrativas.
c) Lugar de presentación.
-Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
-Domicilio: praza Maior, 1.
-Localidade e C.P.: Lugo, 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o día seguinte hábil (excluídos os sábados) a aquel no que rematase o prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 20 de outubro de 1998.
José A. Mourelle Cillero
Vicesecretario habilitado
Visto e prace
Joaquín Mª García Díez
Alcalde
9702

