O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 25 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para o sinalamento de rasantes dunha rúa perpendicular á C-550 no tramo correspondente á Ordenanza 3 nas Angustias, promovido pr Esteban Luis García e redactado pola arquitecta Carmen Vila Pérez. O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
O referido acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.
Nigrán, 15 de outubro de 1998.
José Manuel Rial Cadaval
Alcalde en funcións
9698

