Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PEMN 06.03 Porto-Loureiro (Castrelos) (expediente 4578/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de setembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Mellora do Núcleo 06.03 Porto Loureiro na parroquia de Castrelos, de iniciativa pública e redactado polos arquitectos Mercedes Aymerich Valladares, Clara Gómez Somoza, Carlos Pajares Campos e José Javier Villacé Rodríguez.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

10130