O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 28 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle U.E.II-08 A Coruña, presentado por Hijos de Ismael Rodríguez, S.L., redactado polo arquitecto Roberto Rodríguez Macías, e visado polo COAG con data do 28 de setembro de 1998, someténdoo a información pública durante o prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo da Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publicación. O expediente atópase ó dispor do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa do concello).
Vigo, 2 de novembro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo
10142

