Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de aparellos clínicos (expediente 66/1998) e aparellos médicos de oftalmoloxía (expediente 67/1998), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

-Expediente 66/1998:

1. Obxecto: adquisición de aparellos clínicos.

2. Orzamento: 20.500.000 ptas., IVE incluído.

-Expediente 67/1998:

1. Obxecto: adquisición de aparellos médicos de oftalmoloxía.

2. Orzamento: 19.000.000 de ptas., IVE incluído.

Condicións que rexerán os dous expedientes (do punto nº 3 ó 15):

3. Prazo de execución: ver folla de especificacións.

4. Admisión de variantes: admitiranse variantes.

5. Garantía provisional: 2% de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 60 23 e fax: 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio deste concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 3 de novembro de 1998.

P.A.

Ignacio Acosta Crespo

Director médico do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

10195