Exp. 58/1998.
1. Obxecto: obras de albanelería, pintura e acondicionamento de diversas unidades do Hospital Rebullón.
2. Orzamento: 10.516.064 ptas., IVE incluído.
Exp. 59/1998.
1.Obxecto: obras de carpintería en diversas unidades do Hospital Rebullón.
2. Orzamento: 10.302.258 ptas., IVE incluído.
Exp. 60/1998.
1. Obxecto: obras de calefacción e fontanería en diversas unidades do Hospital Rebullón.
2. Orzamento: 8.327.558 ptas., IVE incluído.
Condicións que rexerán os tres expedientes (do punto 3º ó 15º):
3. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes ós que se licite.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións publicas (Lei 13/1995, de 18 de maio. BOE nº 119, do 19 de maio).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 17 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).
10. Criterios de adxudicación: ver prego de claúsulas administrativas.
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 60 23 e fax nº 986 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe do anuncio destes concursos públicos será por conta dos adxudicatarios dos contratos.
Vigo, 4 de novembro de 1998.
P.A.
Ignacio Acosta Crespo
Director médico do Complexo Hospitalario Xeral
Cíes de Vigo
10204

