O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: equipamento para U.L.M.
Orzamento: 11.200.000 ptas.
Garantía provisional: 224.000 ptas.
Lote 1: suspensións braquiais (2).
Orzamento: 1.000.000 ptas.
Garantía provisional: 20.000 ptas.
Lote 2: dispositivo de isocinéticos.
Orzamento: 9.000.000 de ptas.
Garantía provisional: 180.000 ptas.
Lote 3: dispositivo pasa páxinas.
Orzamento: 700.000 ptas.
Garantía provisional: 14.000 ptas.
Lote 4: bipedestador con accesorios.
Orzamento: 250.000 ptas.
Garantía provisional: 5.000 ptas.
Lote 5: mesa mans universal.
Orzamento: 250.000 ptas.
Garantía provisional: 5.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.
2. Prazo de entrega: dada a natureza do material que se vai contratar, a subministración realizarase nunha soa entrega e no prazo de 8 días a partir da sinatura do contrato.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 45%.
Prestacións e calidade: 35%.
Servicio de asistencia técnica: 20%.
Total: 100%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 4 de novembro de 1998.
Segundo Jorge Méndez
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña en funcións
10242

