Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de actividades incluídas no Programa Municipal de Desenvolvemento Xitano.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As98/26.

2. Obxecto do contrato: servicio de actividades incluídas no Programa Municipal de Desenvolvemento Xitano.

Prazo de execución: o contrato comezará a rexer desde a data de adxudicación ata o 30 de xuño de 1999, con carácter improrrogable. As actividades deberán prestarse nas datas que para cada unha delas se sinala nos anexos a este prego.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.396.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtencióin de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta..... para optar ó concurso para a contratación do servicio de actividades incluídas no Programa Municipal de Desenvolvemento Xitano (Ref. As98/26).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

10243