O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado tres de outubro, acordou aprobar definitivamente os estudios de fixación de alturas medias redactados polo técnico municipal D.J. Fernando Fraguela Docanto, relativos á Avda. Constitución no tramo dereito desde r/ Dr. Carreño a r/ Profesor Horacio Fernández de Cariño (AM 10/98); r/ Crecente Veiga no tramo dereito desde a r/ Angustias a r/ Campo de Cariño (AM 11/98); tramo esquerdo da rúa Menéndez Pidal de Cariño (AM 12/98); e nas marxes esquerdas da Avda. Pérez Lugín (da r/ Dr. Carreño a fin DSU) e da rúa Dr. Carreño (da r/ Horacio Fernández a Pérez Lugín) de Cariño (AM 13/98), de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Cariño, 19 de outubro de 1998.
Fernando Tallón Cabana
Alcalde
9825

