Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 13 de novembro de 1998 Páx. 12.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite

ordinario, para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de vías municipais 1998, PAM/98/99; exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producisen reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: a contratación da execución das obras incluídas no proxecto citado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 7.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Duración do contrato: seis meses.

6. Garantías: provisional por importe do 2% do tipo e definitiva do 4%.

7. Información para obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1. Poio. Teléfono: 986 77 00 38, fax: 986 77 12 77.

b) Data límite para obtención de documentos e información: o día anterior ó de remate de presentación de ofertas.

8. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

9. Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da Casa do Concello, ás 13.30 horas do terceiro día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 9ª do prego.

Poio, 20 de outubro de 1998.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

10273