Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno do Concello, con data do 11 de agosto de 1998, aprobouse o expediente admi

nistrativo para contratar, polo sistema de concurso, polo procedemento aberto, o servicio de recollida do lixo no concello de Neda.

A través deste anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: concello de Neda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 5/98

2. Obxecto do contrato e prazo:

a) Descrición: prestación do servicio de recollida do lixo no concello de Neda.

b) Prazo: dez anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo base da licitación:

a) Importe: dez millóns (10.000.000 ptas. IVE incluído).

5. Garantías:

a) Provisional: 200.000 ptas.

b) Definitiva: 400.000 ptas.

6. Obtención da documentación:

a) Entidade: concello de Neda.

b) Enderezo: Avda. Algeciras, 34.

c) Localidade e código postal: 15510 Neda.

f) Data límite para obte-los documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Os establecidos nos pregos de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: durante o prazo de vienteseis días naturais (26), contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no último dos diarios oficiais (BOP ou DOG).

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: concello de Neda.

Enderzo. Avda. Algeciras, 34.

Localidade e código postal: 15510 Neda.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o seguinte á apertura das plicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello de Neda.

b) Enderezo: Avda. Algeciras, 34.

c) Localidade: Neda.

d) Data: o seguinte día hábil ó remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado prorrogarase ata o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos deste anuncio, así como todos aqueles que resulten da execución deste contrato, serán por conta do contratista adxudicatario.

Neda, 2 de novembro de 1998.

Xosé C. Pita López

Alcalde

10164