O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1998, acordou aprobar definitivamente o plan parcial do sector I da área do SUNP B-23-R Fonte D'Ouro, en Oleiros.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Oleiros, 20 de outubro de 1998.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta
10560

