Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da delimitación do polígono B-10 do PXOU, en San Brais, e da porposta de convenio urbanístico para o seu desenvolvemento.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día vintenove de outubro pasado, acordou prestar aprobación, con carácter inicial, á proposta formulada por iniciativa particular de Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada, de modificación da delimitación do polígono ou solo urbanizable B-10 predio A Corva-San -Brais do vixente plan xeral municipal de ordenación urbana, coa finalidade de excluír do

actual ámbito espacial delimitado unha parcela destinada actualmente a espacio libre de titularidade municipal e a inclusión no polígono proposto dunha porción do predio de titularidade da citada cooperativa, cualificada polo planeamento como equipamento en solo urbano, para a súa cesión a este concello, de maneira que o novo ámbito do polígono B-10 sería de exclusiva titularidade de Corvorana, S.C.L. como consecuencia da xestión proxectada, compensándose con base nela a cesión do 10 por 100 de aproveitamento urbanístico non patrimonializable pola propiedade, sendo o proxecto, no que se fundamenta a solicitude obxecto deste acto, redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da Delegación en Pontevedra do COAG do 2-6-1998.

Neste acto acordouso tamén someter á información pública o expediente e a proposta citada, na forma legalmente establecida, con notificación persoal ós interesados; facúltanse a Alcaldía para a subscrición dun convenio con Corvorana, S.C.L., unha vez finalizado o período de información pública do expediente no suposto non formularse reclamacións ou suxestións ó respecto durante ese prazo, no que terán que recollerse as determinacións e cesións que terán que conte-lo plan parcial que deba redactarse como instrumento urbanístico de desenvolvemento do planeamento xeral, coa compensación do aproveitamento non patrimonializable e a exención ó concello de calquera gasto que puidese corresponderlle pola xestión do polígono, incluso de urbanización, baixo determinadas cláusulas.

Durante o prazo de vinte días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Muncipal de Fomento (rúa Dona Tareixa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 6 de novembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

10086