Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 6 de outubro de 1998, e co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello para inclusión do trazado do proxecto de rexeneración do bordo litoral do contorno de Rianxo, 1ª fase: praia da Torre-peirao de Setefogas.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza desta Comunidade Autónoma, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación deste escrito; neste caso comunicarallo previamente e por escrito ó órgano que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación ante a autoridade xuridiccional antes citada, advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Rianxo, 26 de outubro de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

10083