O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 29 de outubro de 1998, acordou o seguinte:
1. Aprobar inicialmente o plan xeral de ordenación municipal do Concello de Meaño, redactado por Arteplán, S.A. (Consultora de Arquitectura, Planeamiento y Gestión Urbanística, S.A.), coas indicacións contidas no informe emitido polo director xeral de Costas da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente con data do 16-10-98 e polo xefe do Servicio Provincial de Estradas da Consellería de Polí
tica Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 4-9-98.
2. Acorda-la suspensión de licencias de parcelamento de terreos, edificacións e demolición en todo o termo municipal, durante o prazo dun ano, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; faise constar que, de conformidade co artigo 120.1º do Regulamento de planeamento aprobado por R.D. 2159/1978, do 23 de xuño, poderán concederse licencias baseadas no réxime urbanístico vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento.
3. Somete-lo plan xeral de ordenación municipal a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, nun xornal nos de maior circulación provincial, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo desde a última publicación, e no que calquera interesado poderá examinalo e formular neste prazo, as alegacións que considere oportunas; á vez que se dará audiencia neste período a tódolos municipios limítrofes para que poidan alega-lo procedente e solicitaráselle informe á Deputación Provincial de Pontevedra.
O que se fai público para xeral coñecemento e información pública previsa neste acordo.
Meaño, 4 de novembro de 1998.
Jorge Domínguez Rosal
Alcalde
10233

